About Us

Esta banda foi fundada no ano 1864 por D. Cristóbal Regueiro Fandiño, que dirixe por espacio de trinta e cinco anos á Banda da súa vila natal. Sucédenlle os seus fillos, Manuel e Ricardo, que continúan o labor do seu pai no período que vai dende 1900 ata 1932. Un neto do fundador, Manuel Regueiro Naviero, vai se-lo que colla a batuta desde o ano 1932 ata ben entrado 1940. Arredor desta data faise cargo da Banda o músico compostelán D. Andrés Blanco, coñecido agarimosamente polo alcume de Rebornecho. D. Rosendo Mato Hermida sucede a D. Andrés Blanco a partir de 1947. Tras unha paréntese de oito anos, no que asume a dirección D. Benito Iglesias Viñas, retorna á Banda D. Rosendo en 1974 na cal segue ata o ano 1989. No trienio 89-92 pasa a ser director o xoven natural de Taragoña D. Xavier Ces Calvo, quen ademáis é músico da Municipal de Santiago e mestre no conservatorio de Arzúa. Desde o 92 ata o 98 dirixe a Banda D. Ramón Vigo Deza natural de Fao (Touro), alférez e músico da Banda Militar de A Coruña. Actualmente a batuta está ó cargo de D. José María Blanco Pampín, veciño de Arca e músico da Banda desde que era un neno. Este xoven fixo a carreira de saxofonista no Conservatorio de A Coruña, e é membro da Banda de Música Militar de A Coruña.

Keywords

Commercial presence